luns, 11 de maio de 2020

Solucións actividades sobre prevención de enfermidades


PREVENCIÓN ENFERMIDADES

1. HIXIENE CORPORAL: Con que frecuencia cres que é necesario ducharse á túa idade?

- É necesario ducharse tódolos días, pois a partir das vosas idades, debido a que se incrementa a actividade hormonal debido á puberdade excrétanse máis substancias a través do suor que teñen un forte olor. Tamén é convinte usar desodorante.
2. HIXIENE BUCODENTAL: Con que frecuencia cres que é necesario lavar os dentes?
- Debes facelo 3 veces ó día, despois de cada comida, non esquecerte que tamén se debe cepillar a lingua e as enxivas, usar colutorios bucais, visitar ó dentista e ter dunha dieta sa e variada.
3. DESCANSO: Cantas horas cres que son necesarias durmir á túa idade?
- Á túa idade convén descansar entre 8 e 10 horas diarias. Aínda que non o creas, un correcto descanso repercute positivamente no colexio, pois estás máis atento, centrado e con enerxía suficiente para levar a cabo as tarefas do colexio.
4. ALIMENTACIÓN: De que tipo de alimentos non se debe abusar para ter unha dieta sa e equilibrada?
- Non se debe abusar de alimentos altos en graxas e débese limitar o azucre, evitando bebidas azucaradas (refrescos) e outros alimentos con moito azucre.
Unha dieta equilibrada implica tomar alimentos de todo tipo, que nos acheguen s cantidades axeitadas de auga, hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas e minerais que necesita o noso corpo.
5. EXERCICIO FÍSICO: Con que frecuencia pensas que é necesario facer exercicio físico?
- Os nenos e mozos de 5 a 18 anos deben facer polo menos 60 minutos de actividade física de intensidade moderada a vigorosa. Polo tanto, é moi positivo incorporar como mínimo 3 veces por semana actividades de exercicio físico para reforzar ósos, músculos e o aparato circulatorio.
6. VISTA: Cando foi a última vez que fuches ó oculista?
- É recomendable que os nenos e adolescentes en idade escolar revisen a vista cada 12 – 18 meses, aínda que todo fose ben en revisións previas.
Marca cunha cruz se algunha vez notaches algúns dos seguintes indicios:
-       dificultade para ver obxectos distantes con un só ollo ou cos dous (ver borroso ou non coa suficiente nitidez).
-       problemas para ler o encerado na clase
-       dores de cabeza despois de facer tarefas  escolares ou cansancio ocular.
-       dificultades para ler
-       sentarse demasiado preto da tele para poder ler ou ver mellor.
-       Guiñar habitualmente os ollos para intentar ver mellor.


-       Se marcaches algún destes indicios porque fixeches algunas probas e notaches que non vías ben, en canto poidas debes acudir a unha revisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario